Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Staffordshire, un xigante eléctrico feito en Vigo

O Staffordshire, un xigante eléctrico feito en Vigo

Vai prestar servizos de apoio en parques eólicos mariños

Ten capacidade para 120 persoas a bordo e 500 metros cadrados de cuberta de carga

G24.gal 10/10/2026 20:07

Noventa metros de eslora e máis de 24 horas de funcionamento só con enerxía eléctrica. Así é o novo xigante do mar construído en Vigo.

Os estaleiros Armón botaron hoxe ao mar o Staffordshire, un innovador buque encargado por unha compañía británica para traballar nos parques eólicos mariños. Ten capacidade para 120 persoas e incorpora un potente sistema de baterías que lle permite operar sen consumir combustible durante máis dun día. É un dos buques máis innovadores e sostibles da súa clase. 

Unha aposta pola tecnoloxía e a redución de emisións que leva o selo da industria naval galega. O barco continuará agora en Vigo coa súa posta a punto antes da entrega, prevista para 2027.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade