Rescatados tres tripulantes dun pesqueiro incendiado en Estaca de Bares
Os tres mariñeiros abandonaron o barco nunha balsa e foron evacuados en helicóptero ata Celeiro
Salvamento Marítimo
Os tres tripulantes do pesqueiro Corvo foron rescatados tras incendiarse a embarcación cando navegaba a unhas oito millas ao nordeste e Estaca de Bares, na costa de Mañón (A Coruña). O barco acabou afundido durante a madrugada.
O Centro de Coordinación de Salvamento Marítimo de Fisterra recibiu o aviso arredor das 22:04 horas deste luns. Os tres mariñeiros abandonaron o pesqueiro nunha balsa salvavidas ao non poder controlar as lapas.
No operativo participaron o helicóptero Pesca II , de Gardacostas de Galicia, e as unidades de Salvamento Marítimo Alioth e María Pita, coa colaboración do pesqueiro Río Xunco, que localizou e rescatou os tre tripulantes arredor das 22:35 horas.
Rescatados tres tripulantes tras incendiarse el pesquero CORVO cerca de Estaca de Bares
— SALVAMENTO MARÍTIMO (@salvamentogob) August 25, 2026
El Centro de Coordinación de Finisterre recibe la alerta ayer sobre las 22:04 horas del incendio en el pesquero CORVO, a ocho millas al nordeste de Estaca de Bares. Sus tres tripulantes… pic.twitter.com/va7pdfAhdx
Posteriormente, os mariñeiros foron evacuados en helicóptero ata Celeiro, en Viveiro, onde unha ambulancia os trasladou.
O María Pita permaneceu na zona durante a madrugada para combater o incendio. O pesqueiro acabou afundido sobre as 05:40 horas e Salvamento Marítimo continúa no lugar para recoller os restos do naufraxio.