Publicador de contidos

Publicador de contidos

Amplo dispositivo de medios na ría de Vigo no simulacro dun incendio nun buque

Amplo dispositivo de medios na ría de Vigo no simulacro dun incendio nun buque

Trátase de mellorar a coordinación entre os equipos de emerxencias

O exercicio recrea o incendio dun vehículo no interior dun dos buques que emprega o sector da automoción para o seu transporte

G24.gal 30/09/2026 14:49 Última actualización 30/09/2026 15:21

En plena navegación, a tripulación dun buque cargado con máis de 5.000 coches detecta un incendio. Unha situación que desta vez é ficticia, pero que podería darse en calquera momento.

Ademais de embarcacións, lanzando auga dende o exterior, para acceder ao barco e atallar o lume o mellor é contar con equipos especializados, neste caso chegados en helicóptero.

A fábrica viguesa de Stellantis exporta case o 90 % da súa produción por barco. Foron os encargados de explicar como traballar no incendio dun vehículo eléctrico. Esas cifras de exportación levaron a desenvolver o operativo en Vigo.

Este simulacro forma parte dun exercicio nacional de loita contra a contaminación mariña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade