Publicador de contidos

Publicador de contidos

Buscan o autor do acoitelamento a un mozo na Coruña

Buscan o autor do acoitelamento a un mozo na Coruña

A vítima foi evacuado ao Complexo Hospitalario da Coruña e permanece estable e fóra de perigo

O suceso aconteceu no barrio da Agra do Orzán onde xa se produciron feitos similares nos últimos meses

A veciñanza reclama medidas para recuperar a tranquilidade e dinamismo comercial que amosaba a zona antano

G24.gal 22/11/2026 14:54

A Policía Nacional continúa a realizar pescudas para localizar o autor ou autores da agresión que na noite deste sábado rematou cun mozo ferido grave por acoitelamento no pescozo.

Aconteceu barrio da Agra do Orzán, no cruzamento entre a Avenida de Fisterra e a Rolda de Outeiro, un punto no que xa se produciron acontecementos similares anteriormente.

Os primeiros indicios apuntan cara unha liorta na que estarían implicados varios individuos e que rematou coa vítima con feridas por arma branca, probablemente cunha navalla de pequenas dimensións.

Numerosas unidades da Policía Nacional e da Local desprazáronse ao lugar mentres que a vítima, cunha ferida presumiblemente no pescozo, foi trasladado ao Complexo Hospitalario da Coruña en estado grave.

Fontes policiais aseguran que permanece estable e fóra de perigo.

Mentres os axentes tentan aclarar as circunstancias do suceso e atopar aos responsables da agresión nunha zona que nos últimos meses non para de ocasionar disgustos á veciñanza.

Esta semana nunha rúa próxima un comerciante resultaba ferido por arma branca cando se enfrontou a un atracador e en outubro o porteiro dun karaoke lindeiro tamén foi acoitelado por un cliente ao que lle negaron o acceso. 

Entre liortas e denuncias por narcopisos, a veciñanza reinvindica recuperar dunha vez o carácter tranquilo e traballador dun barrio que durante anos protagonizou o dinamismo comercial da cidade herculina.
 

"Liortas e follón toda a fin de semana", sentenzan os veciños sobre a falla de convivencia que se respira en zonas do barrio nos últimos meses.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade