Catro candorcas arremeten contra un veleiro na ría de Pontevedra
O incidente tivo lugar pasadas as 19:00 horas da tarde, durante a entrega de premios da regata do Trofeo Ignacio Montenegro
Este sábado catro candorcas arremeteron contra unha embarcación de recreo na ría de Pontevdra mentres estaba a participar na regata do Trofeo Ignacio Montenegro.
Tal e como trasladou o Club Náutico de San Vicente do Grove, o incidente tivo lugar pasadas as 19:00 horas da tarde, durante a entrega de premios da regata.
Un dos participantes que se atopaba en terra recibiu unha chamada dos seus compañeiros, que navegaban regresando á casa á altura de Camouco e Picamillo, na que alertaban de que catro candorcas bateran con eles.
Por mor do ataque, o temón da embarcación viuse afectado e perdeu partes de poliéster e a capacidade de xiro. Por iso, inicialmente contactouse con Salvamento Marítimo Fisterra, para solicitar unha embarcación de rescate.
Con todo, puideron regresar á costa do Grove polos seus propios medios e a unidade preparada de salvamento non chegou a mobilizarse.
A pesar de permitirlles regresar, o temón deberá ser substituído integramente.