Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un tiroteo deixa oito vítimas mortais en Pensilvania

Un tiroteo deixa oito vítimas mortais en Pensilvania

Entre as vítimas hai dous menores que estaban no interior da vivenda atacada

O presunto agresor suicidouse despois de verse cercado pola Policía

G24.gal 10/10/2026 20:56

Un home disparou este venres contra oito persoas, dúas delas nenos, na localidade de Erie, ao norte do estado de Pensilvania. Segundo os informes ofrecidos pola Policía, o sospeitoso acudiu a unha vivenda de Erie ao redor das cinco, hora local, e disparou contra dúas mulleres que estaban no exterior da casa. A continuación, entrou na residencia e disparoulles a seis persoas máis no interior, incluídos dous nenos.

Despois de verse cercado pola Policía na vivenda onde se cometeron os feitos, o sospeitoso suicidouse tamén dun disparo.

As autoridades non revelaron polo de agora os nomes das vítimas nin do sospeitoso, nin deron a coñecer o motivo detrás do crime

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade