Un estudante universitario español, detido polo ICE nos Estados Unidos
Dende a súa detención fai dez días, permanece nun centro de internamento en Georgia, sen que a súa familia sepa cando poderá saír
A demócrata e gobernadora de New Yersey, Mikie Sherrill, visitando un centro de detención de migrantes do ICE (Europa Press)
Un mozo universitario catalán de 22 anos que contaba co visado vixente ata 2029, foi detido fai dez días pola policía migratoria de Estados Unidos, o ICE. Dende entón, permanece nun centro de internamento de Georgia, sen que a súa familia sepa cando poderá saír.
O rapaz estaba axudando a un amigo a facer unha mudanza cando varios axentes do ICE o detiveron "sen preguntar" e, posteriormente, foi encarcerado, sen tampouco comprobar se tiña visado, segundo explicou a abogada da familia á emisora Rac-1.
Segundo a letrada, aínda que o estudante ten visado vixente ata o ano 2029, súa detención está relacionada co seu permiso de residencia, a cal foi anulada pola universidade sen decirlle nada, porque as súas clases eran telemáticas.
Tras esta detención, o mozo foi trasladado a un centro penitenciario de Suwannee, en Florida, onde lles deron a posibilidade de firmar uns papeis, os cales poderían ser para a extradición voluntaria, segundo cre a súa abogada. A partir de ahí, levárono a un centro de detención do ICE en Georgia, onde xa leva unha semana.