Publicador de contidos

Publicador de contidos

Premios Meninas, recoñecemento á loita contra a violencia de xénero e a defensa da igualdade

Premios Meninas, recoñecemento á loita contra a violencia de xénero e a defensa da igualdade

Os galardóns entréganse no marco do Día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero

A primeira reitora da historia da USC, Rosa Crujeiras, é unhas das premiadas

A deputada Carmen Marón Beltrán, coordinadora da tramitación da lei contra a violencia de xénero, e a presidenta da Audiencia Provincial de Lugo tamén foron distinguidas

A Asociación Larume Axencia de Igualdade de Ourense, o Proxecto Vagalume e o Colexio Oficial de Farmacéuticos de Pontevedra completan a lista de premiados

Foto de familia dos galardoados e as autoridades tras a cerimonia de entrega celebrada en Santiago. EFE/Xoán Rey Foto de familia dos galardoados e as autoridades tras a cerimonia de entrega celebrada en Santiago. EFE/Xoán Rey
G24.gal 23/11/2026 19:56

A entrega de premios da novena edición dos Premios Meninas celebrouse este luns en Santiago de Compostela. Estes galardóns, impulsados polo Executivo estatal, buscan recoñecer o traballo daquelas persoas e entidades que dedican a súa actividade diaria a combater a violencia de xénero, a defender a igualdade e o apoio ás vítimas.

A primeira reitora da Universidade de Santiago de Compostela (USC) en máis de 500 anos de historia da institución, Rosa Crujeiras, foi unha das mulleres galardoadas nesta edición dos Premios Meninas; que tamén recoñeceron o labor de Carmen Marón Beltrán, política deputada no Congreso durante catro lexislaturas e coordinadora da tramitación da lei contra a violencia de xénero.

A presidenta da Audiencia Provincial de Lugo, Sandra María Piñeiro Vilas; a Asociación Larume Axencia de Igualdade de Ourense, o Proxecto Vagalume e o Colexio Oficial de Farmacéuticos de Pontevedra completa a lista de premiados desta edición.

Tamén se concederon mencións de honra, unha autonómica e catro provinciais, á Asociación de Mujeres con Discapacidade de Galicia-Acadar e a diferentes grupos policiais e da Garda Civil. Para rematar, o galardón á comunicación en igualdade foi a parar á Asociación de Mulleres Galegas da Comunicación.

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, animou a denunciar a violencia machista en todos os ámbitos como parte do seu discurso na cerimonia de entrega.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade