Sete equipos galegos aparcan a Liga para centrarse na Copa do Rei
O martes comeza o camiño copeiro co derbi na Lomba entre o Arousa e o Pontevedra
O mércores será a quenda do Celta en Salamanca, do Coruxo e da Unión Deportiva Ourense
Pechan a xornada o xoves no Couto o Auriense, de Preferente Autonómica, diante do Deportivo
Comeza a Copa do Rei 26-27 para os sete equipos galegos que van participar na primeira eliminatoria. Haberá este martes ás 21:00 horas un derbi no campo da Lomba entre o Arousa e o Pontevedra.
O mércores xogarán o groso dos equipos. O Celta viaxa ao Helmántico para enfrontarse ao Salamanca de Iker Muniain (21:00 horas) onde xa gañou hai un par de temporadas. Ás 20:30 a Unión Deportiva Ourense tentará o pase no campo do Malecón diante da Ximnástica de Torrelavega. E o partido máis temperán será o que xoguen o Coruxo e o Zamora no Vao ás 19:00 horas.
Para o xoves queda o outro enfrontamento entre equipos galegos. O Auriense, da Preferente Autonómica, recibe no Couto a todo un Deportivo. Un partido para a historia dun equipo que se fundou hai cinco anos.