Publicador de contidos

Publicador de contidos

Atlético e Real Sociedade pelexan pola Copa na Cartuja (21:00h)

Atlético e Real Sociedade pelexan pola Copa na Cartuja (21:00h)

A final so ten o precedente de 1987, daquela gañado pola Real Sociedade

Na Liga enfrontáronse en marzo con triunfo colchoeiro (3-2)

Foto: EFE
G24.gal 18/04/2026 16:24

Cando a Real Sociedade e o Atlético de Madrid disputaron a súa única final de Copa, Griezmann ou Oyarzábal aínda non naceran e Simeone acababa de cumprir tres anos. 

Disputouse en xuño de 1987 na Romareda, o encontro rematou con empate a dous e os donostiarras acabaron impoñéndose nos lanzamentos desde o punto de penalti nun partido emocionante como o que lle agarda agora o capitán realista.

Trinta e nove anos despois ambos volven atoparse nunha final, aínda que esta temporada xa se enfrontaron dúas veces con balance dun empate e unha vitoria atlética. 

En marzo, cos dous equipos xa clasificados para Sevilla, enfrontáronse no Metropolitano con triunfo madrileño por tres a dous.

O encontro suporá  unha das últimas oportunidades de Griezmann para lograr un título con Atlético nesta temporada, precisamente ante o equipo no que se deu a coñecer en España, a Real Sociedade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade