Sete equipos galegos buscan rival na primeira eliminatoria da Copa do Rei
O Auriense, da Preferente Autonómica, xogará contra o Deportivo, o Celta ou o Rácing de Santander
O Arousa, o Coruxo, a Unión Deportiva Ourense e o Pontevedra tamén entran nesta primeira eliminatoria que se xogará o 28 de outubro
Minuto a minuto
Sete equipos galegos buscan rival na primeira eliminatoria da Copa do Rei. Un partido que sempre é unha festa para moitos equipos. No caso galego o Auriense, do Grupo Sur da Preferente Autonómica, clasificouse o domingo para esa primeira eliminatoria despois de eliminar o San Xosé de Soria e enfrontarase ao Deportivo, o Celta ou o Rácing de Santander segundo o criterio de proximidade establecido pola Federación Española de Fútbol.
Tamén entran nesta primeira rolda o Arousa, como campión da última campaña de Terceira RFEF, a Unión Deportiva Ourense e o Coruxo, entre os cinco primeiros clasificados do último campionato da Segunda RFEF, e o Pontevedra. O sorteo comezará ás 13:00 horas na Cidade Deportiva das Rozas.
Os xogadores do Auriense están na sede do club agardando polo rival que lle toque na Copa. Será o Celta, o Deportivo ou o Real Rácing Club