O Arsenal deixa ó Atleti sen a final da Champions League (1-0)
Un solitario gol de Saka no último minuto da primeira metade dicidiu a eliminatoria
Os atléticos reclamaron un penalti sobre Griezmann no inicio da segunda parte
Julián Álvarez resentiuse dos seus problemas físicos e non puido rematar o partido deixando os colchoneiros sen a súa mellor arma ofensiva no treito final do partido
@Atleti
O Atlético de Madrid quedou ás portas da gran final da Champions League tras caer no Arsenal Stadium ante o equipo londinense (1-0) nun partido onde tivo as súas oportunidades pero na que careceu de acerto nos metros finais.
A primeira metade resultou igualada. Ambos equipos xogaban co medo a cometer unha equivocación que lles penalizara e había poucas chegadas á portería contraria. O Atleti tivo unha o inicio de partido tras unha boa contra levada por Gio Simeone que rematou forzado Julián Álvarez fóra da portería de David Raya. E o Arsenal tívoa e convertiuna un minuto antes de chegar ao descanso. Tras unha xogada de Gyokeres por dereita Trossard rematou a porta. Oblak puido sacar o remate do belga pero o rexeite quedou franco para Bukayo Saka que non perdoaría e poñía por diantes aos gunners.
Os de Simeone comezaron mellor a segunda metade. Giuliano non atinou coa meta contraria unha vez superado o meta londinense e pouco despois Raya repelía un disparo de Griezmann. O francés pediu un penalti no rexeite que semellaba claro pero que o colexiado non o sinalou. Eran minutos de dominio atlético. Pero chegaría a desafortunada lesión de Julián Álvarez. O arxentino non puido aguantar a dor no nocello e tivo que pedir o troco. E o equipo notou a ausencia doseu mellor xogador. Baena, Sorloth e Llorente tentaron inquedar a portería contraria pero adoleceron de puntería.