Atleti e Arsenal empatan e decidirán o finalista en Londres (1-1)
Un discutido penalti de hancko sobre Gyokeres propiciou o gol do equipo londinense
Julián Álvarez , tamén de penalti, igualaría para os madrileños
O próximo martes o desenlace da eliminatoria no Emirates Stadium
@Atleti
Atlético de Madrid e Arsenal empataron a un tanto na ida das semifinais da Champions League e deixan para o partido da próxima semana en terras inglesas o desenlace da eliminatoria.
A primeira metade resultou competida e con poucas ocasións. Hincapie tivo o gol para os londinenses pero o seu remate topou coa boa inetervención de Oblak. Julián álvarez tamén puido adiantar os seus pero foi David Raya o que evitou o tanto dos locais. E cando todo semellaba que se chegaría sen goles ao descanso, nunha das últimas xogadas da primeira metade, Hancko derribaba a Gyokeres dentro da área. O colexiado considerou coma suficiente o contacto para sinalar penalti e o dianteiro sueco non desaproveitaría a ocasión para imaugurar o marcador.
Na segunda metade os colchoneiros saíron con todo a polo empate. Lookman e Griezmann estiveron preto de acadalo nunha dobre ocasión pero sería Julián Álvarez quen igualaría o partido tras un penalti sinalado por man de Ben White dentro da área. Tras o gol seguiu insistindo o equipo madrileño. Griezmann rematou contra a madeira e pouco despois David Raya evitaba o tanto de Lookman tras un remate do nixeriano desde dentro da área. O atleti non aproveitou o momento e rematou sufrindo. Mancouse Julián e o VAR rectificou un penalti que sinalara o colexiado por derribo de Hancko sobre Eze. Non habería tempo para máis e a elimimatoria decidirase en Londres o próximo martes.