Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Real Sociedade, campioa de Copa nos penaltis contra o Atlético

A Real Sociedade, campioa de Copa nos penaltis contra o Atlético

O cadro donostiarra adiantouse por dúas veces, pero o Atlético reaccionou e mandou a final á prórroga

Marrero detivo os dous primeiros penaltis, e Pablo Marín marcou o definitivo 4-3

Terceira Copa para os de San Sebastián, despois da gañada polo Club Ciclista en 1909, e as de 1987 e 2020

Foto: EFE Foto: EFE
G24.gal 18/04/2026 23:56

A Real Sociedade fíxose co seu cuarto título de Copa na Cartuja, ,escenario tamén da terceira hai apenas cinco anos.

Aínda non sentara o público logo dos prolegómenos, cando xa se adiantou a Real Sociedade. Barrenetxea remataba un centro desde a esquerda de Guedes e sorprendía a todos para abrir o marcador. So se disputaran catorce segundos da final.

Obrigado a buscar a remonta, o Atlético colleu o control do balón e comezou a buscar a área de Marrero. E topou o premio aos 18 minutos, nunha xogada pola esquerda, con asistencia de Griezmann e remate colocado de Lookman, lonxe do alcance do porteiro.

Coa igualada, a Real volveuse botar arriba, e gozou dun par de boas ocasións nas botas de Guedes e Soler que remataron en córner. E, no minuto 42, un centro desde a dereita provocaba unha mala saída de Muzzo, que cometeu penalti golpeando a Guedes. Non perdoou Oyarzábal. Como xa fixera na final de 2020, marcou desde os once metros para adiantar ao seu equipo.

Na segunda metade o Atlético volveuse afanar na misión de buscar a igualada. Un remate de Lookman ía ás nubes, e a Real aguantaba sen moitos atrancos, mentres os minutos ían pasando. Ata chegar ao 82’. Nese momento, unha gran xogada trenzada do Atlético permitiulle rematar a Julián Álvarez desde o punto de penalti, e o arxentino cravouna na escadra de Marrero.

Empate a dous e partido novo, aínda que a Real levaba moitos minutos metida no seu campo, e o Atlético seguiu dominando. Súa foi a gran ocasión de culminar a remonta, nun centro de Llorente desde a dereita que Baena rematou inexplicablemente ás nubes. E, dous despois, Sorloth cabeceaba na área pequena lambendo o pau. O Atlético quería aproveitar o seu bo momento para resolver a final antes da prórroga, pero Johny estragou outra grandísima ocasión rematando moi cruzado un man a man no 91’.

E chegou a última, nunha falta perigosa na frontal sobre Julián que a propia Araña se encargou de lanzar. Pero o balón petou na barreira, o rexeitamento lanzouno Llorente fóra, e o partido esmoreceu.

Na prórroga, a Real Sociedade recuperouse, e volveu pisar área con perigo. Así foi aos cinco minutos, nunha acción con varios rexeitamentos que salvou o Atlético. E, pouco despois, unha dobre intervención espectacular de Musso evitaba outra vez o gol, especialmente no segundo remate de Oskarsson. E respondeu inmediatamente Julián cun lanzamento que bateu en toda a escadra de Marrero. O Atlético volvía chegar mellor ao remate deste primeiro tempo extra.

No segundo, os dous equipos foron máis cautos, e o partido chegou á quenda de penaltis. O primeiro paroullo Marrero a Sorloth, e Soler puxo á Real en vantaxe. O segundo do Atlético tamén o detivo Marrero diante de Julián Álvarez, pero Óskarsson non foi quen desta volta de tirar proveito. Parada de Musso. Nico anotou o primeiro do Atlético, pero Sukic respondeu. E Almada tamén marcou o momentáneo empate, aínda que Aihen mantivo a vantaxe realista. A primeira bóla de partido tivo que afrontala Baena, e marcou. O definitivo era para Marín. E o seu lanzamento xa está na historia da Real: o da terceira Copa do conxunto donostiarra, cuarto contando a Copa do Club Ciclista de San Sebastián en 1909. A Real é campioa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade