Primeira derrota do Barcelona ante o PSG na Champions (4-2)
O Atlético de Madrid empatou 1-1 na súa visita a Stuttgart
O Vilarreal perde dando a batalla en Anfield co Liverpool 4-3
O Barcelona de Hansi Flick chegaba ao Parque dos Príncipes coa intención de dar un golpe sobre a mesa da Champions. Diante, o vixente, dobremente, campión, o PSG de Luis Enrique. O técnico asturiano dicía saber como parar a Lamine Yamal e parece que lle funcionou.
Non evitou o gol de Lamine, iso si, que poñía o empate no 79. Antes, marcara Xavi Espart. Por parte do PSG, os goles foron de Doué, Lucas Hernández, Vitinha e Fabián.
O Atlético de Madrid foi o mellor parado dos españois e rescatou un empate en Stuttgart con gol de Julián Álvarez. Hjulmand acabou expulsado. Pola súa banda, o Vilarreal a piques estivo da fazaña en Anfield. 4-3 ante o Liverpool con goles de Mikautadze, Sergi Cardona e Oluwaseyi.