Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vital triunfo do Vilarreal en Praga ante o Slavia (0-1)

Vital triunfo do Vilarreal en Praga ante o Slavia (0-1)

Un solitario gol de Buchanan deulle a vitoria a un equipo castellonenco que non amosou a súa mellor versión

Os de Iñigo Pérez suman xa seis puntos e optan a poder acceder á segunda fase da competición

@VillarrealCF @VillarrealCF
G24.gal 25/11/2026 19:38

O Vilarreal acadou tres puntos fundamentais para o seu obxectivo de acceder á segunda fase tras derrotar en Praga ao Slavia nun partido onde se viu superado en boa parte do mesmo e que decidiu un gol de Buchanan ao inicio da segunda parte.

A primeira metade do "Submarino Amarelo" foi moi discreta. O dominio e as ocasións foron para o equipo checo que incluso chegou a marcar por medio de Suleiman pero o dianteiro atopábase en posición antirregulamentaria. En ataque poucas chegadas dos castellonencos que soamente dispararía entre paus nunha ocasión na primeira metade cun inocente remate do canadense Olawuseyi. E antes do descanso estivo a piques de quedar con dez pero o colexiado rectificou a súa primeira decisión e retiroulle o cartón vermello amosado en primeira instancia ao central Renato Veiga.

Na segunda metade melloraron as prestacións do equipo de Iñigo Pérez. A entrada de Santi Comesaña deulle consistencia no medio campo e Buchanan conseguía bater a meta checa tras unha boa deixada de Ayoze. Pero cando semellaba ter o partido controlado chegou o acelerón dos locais que someteron ó Vilarreal embotellándoos na súa propia área.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade