Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Barcelona solventa o trámite ante o Sabah (1-4)

O Barcelona solventa o trámite ante o Sabah (1-4)

Os blaugranas suman quince puntos e afiánzase no Top 8 da competición

Gordon en dúas ocasións, Adeyemi e Gabriel Jesús foron os goleadores do equipo de Flick

@FCBarcelona_es @FCBarcelona_es
G24.gal 25/11/2026 19:26

O Fútbol Club Barcelona acadou o seu quinto triunfo na fase grupo da Champions League tras golear en Acerbaixán a un Sabah que viviu un dos partidos máis importantes da súa historia. 

O equipo acerbaixano non se amedrentou pese a súa inferioridade e saíu sen complexos ante o cadro culé. O brasileiro Du Queiroz inquedou a meta de Joan García e pouco despois o seu compañeiro Lepinjica conectou un disparo con parábola que petou no pau traveseiro da meta barcelonesa. Estes dous sustos fixeron reaccionar ós de Flick e Gordon anotaba o primeiro para os seus tras un mal rexeite do porteiro local tras un centro de Adeyemi. Acto seguido o propio Gordon volvía a marcar pero o gol era anulado por fóra de xogo de Gabriel Jesús no inicio da xogada. 

Tras o descanso o Barcelona xa non daría opción. Primeiro Gordon e logo Adeyemi colocaban rapidamente o 0–3 no marcador. Despois Gabriel Jesús aproveitaríase dun rexeite do porteiro a remate de Kounde para marcar o cuarto. Pero o Sabah non baixou os brazos e tivo o seu momento de gloria co gol anotado por Mickels despois dunha vertixinosa contra. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade