Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os festexos polo triunfo do PSG deixan un morto e dous feridos moi graves

Os festexos polo triunfo do PSG deixan un morto e dous feridos moi graves

57 policías quedaron feridos e 800 persoas están detidas en toda Francia

En París, as celebracións trasladáronse ós Campos Elíseos, epicentro dos festexos, e onde houbo unha auténtica batalla campal

REUTERS/Abdul Saboor
G24.gal 31/05/2026 14:17

Unha persoa faleceu e dúas están moi graves -unha delas de 17 anos entre a vida e a morte- durante os festexos en Francia da segunda Liga de Campións do PSG, conquistada ante o Arsenal, un balance humano semellante ao do ano pasado, cando os parisienses gañaron a súa primeira Champions.

Así mesmo, houbo 57 policías feridos, así como 219 participantes durante as festividades, oito deles de carácter grave, segundo informou o ministro do Interior, Laurent Nuñez, nunha conferencia de prensa.

O pasado ano, cando o PSG celebrou a súa primeira Champions tras golear ao Inter de Milán (5-0), as autoridades contabilizaron en toda Francia dúas persoas falecidas durante as celebracións, polo menos 192 feridos (22 deles policías e bombeiros) e 559 detidos.

"O que se constata é que veñen individuos que non son afeccionados do París Saint-Germain. Vímolos claramente en París, pero tamén foi en provincias. Levan camisetas do París Saint-Germain, pero nin sequera miran o partido", lamentou o titular de Interior.

A persoa falecida, cuxo anuncio foi feito pola Fiscalía de París e non polo ministro do Interior na súa comparecencia, é un home de 24 anos cuxa moto chocaría de fronte contra uns bloques de formigón. Ademais, outra persoa, de 17 anos, está en coma ao ser acoitelada durante unha rifa tamén en París.

Unha segunda persoa estaba tamén en estado moi grave polos festexos, aínda que a súa vida non corría perigo, despois de que un condutor perdese o control do seu vehículo e se estampase contra unha terraza. Nese mesmo incidente, outra persoa resultou ferida de menor gravidade.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade