Publicador de contidos

Publicador de contidos

As intensas chuvias provocan un morto en Barcelona e centos de incidencias en Cataluña e Valencia

As intensas chuvias provocan un morto en Barcelona e centos de incidencias en Cataluña e Valencia

Un home foi arrastrado por unha riada en Barcelona

O temporal provocou cancelacións nos aeroportos de Barcelona e Valencia e problemas no metro e na rede de estradas 

A Generalitat valenciana suspendeu as clases en varios municipios por mor das treboadas, que fixeron revivir a traxedia da DINA de 2024

A intensas chuvias provocaron anegamentos en Barcelona (EFE)
G24.gal 17/09/2026 07:03

Os servizos de emerxencia localizaron na madrugada deste xoves o corpo sen vida dun home en Olivella, na comarca barcelonesa de El Garraf. Estaba a uns 500 metros do punto onde se atopaba o seu vehículo. que fora arrastrado por unha riada.

As intensas chuvias provocaron nas últimas horas inundacións, cortes de estradas e múltiples incidencias no transporte na área de Barcelona, onde varios voos foron cancelados, con afectacións tanto no metro coma no servizo de Rodalies.

Tamén o aeroporto de Barcelona viuse alterado polas tormentas, que causaron atrasos e obrigaron a cancelar algúns voos. En total, os Bombeiros da Generalitat recibiron nas últimas horas preto de 200 avisos por problemas derivados das choivas, que deixaron ata 57 litros por metro cadrado nalgunhas zonas.

En Valencia as treboadas provocan incidencias nos aeroportos e no metro e reavivan o temor dous anos despois da DINA

Unha fronte de fortes tormentas fixo revivir este mércores en Valencia o temor tras a DINA de 2024, que provocou máis de 200 vítimas mortais. En Torrent, Paiporta e Aldaia, as intensas chuvias puxeron en alerta de novo aos servizos de emerxencia e á veciñanza. En Torrent chegaron a caer ata 71 litros en tan só media hora e provocaron anegamentos en baixos e estradas, moitos problemas na rede de estradas e o peche do aeroporto de Valencia, que recuperou a normalidade este xoves pola mañá.

Ata as 23:00 da noite, emerxencias da Generalitat xestionou aun total de 478 incidencias relacionadas coas fortes tormentas. Varios municipios de Valencia e Alacante decidiron suspender as clases para este xoves ante o aviso laranxa de AEMET.

Tamén quedou suspendido o partido de Liga que enfrontaba o Levante e o Athletic Club de Bilbao. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade