As fortes chuvias en Viana do Bolo fixeron que os veciños reviviran a catástrofe de xuño
Na Bouza e Pixeiros a auga volveu arrastrar pedras e terra polo medio das rúas
Viana do Bolo reviviu coas últimas chuvias o terror das dúas aldeas arrasadas polas riadas no mes de xuño. Os danos, por sorte, nada teñen que ver cos de hai dous meses.
Porén, tanto nas aldeas da Bouza como na de Pixeiros, a auga volveu arrastrar lama e pedras do monte entre as casas.
As fortes chuvias da noite devolveron á memoria as escenas das riadas arrastrando árbores, terra e pólas polo medio das aldeas.
Esta noite, na Bouza, a auga volveu ameazar as casas e os garaxes. Tamén segue empeorando o estado das estradas e camiños.
E Pixeiros amenceu de novo coas pedras no medio das estradas.
Os veciños temen que esta escea se repita durante todo o inverno e piden medidas antes de que cheguen os temporais.