Os galegos sacan do armario a roupa de entretempo en pleno verán
É unha boa alternativa antes da chegada do inverno
Moitos deixan a roupa de verán no armario por se volven as altas temperaturas
O tempo esta algo revolto...a semana pasada gozamos da calor...e nesta temos que coller o paraugas. E ante isto, moitos non saben xa que roupa poñerse...por sorte, o mundo da moda ten a solución: a roupa de entretempo.
"Unha roupa un pouquiño máis grosa ca de verán pero que ao mesmo tempo non sexa de inverno. Os tipos que temos son as sobrecamisas, cazadoras finiñas ou chalecos", comenta Susana Seijas, da tenda Florentino de Lugo
Os que coñecen Galicia están preparados, grazas tamén a experiencia.
"Non abriga moito e para este tempo ven ben. Teño xa os chalecos de la, pero a roupa gorda aínda non"
E todo porque nas tendas xa notan que cada vez mercamos máis roupa de entretempo.
"Eu creo que a xente xa a ten familiarizada. Sempre temos a roupa de verán e inverno pero tamén a intermedia"
Sempre quedaran os que pasan da roupa de verán a de inverno de golpe. Pero teñen que saber que a roupa de entretempo e unha boa alternativa