Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vestir camiseta de fútbol faise popular entre a mocidade como prenda de uso cotiá

Vestir camiseta de fútbol faise popular entre a mocidade como prenda de uso cotiá

No sector apuntan á conexión coas tendencias retro e de moda urbana

G24.gal 07/09/2026 21:33

Vémolo na rúa. As camisetas de fútbol van máis aló dos estadios. Prendas que se usan para combinar coa roupa de uso cotiá.

"Sen ter que ver directamente co fútbol si que desde fai uns anos hai demanda porque digamos que é o complemento perfecto: unha prenda lixeira de cores", asegura María Fernández, socia da tenda Vintage&Coffee.

María, que leva 20 anos no mundo da moda, apunta á conexión coas tendencias retro e de moda urbana. Unha opinión compartida por Eduardo Calvario, responsable da renda Cavario Vintage&Music:

"A moda street wear cada vez está entrando máis forte e incluso ves pola noite a xente que vai cuns pantalóns de vestir e que leva camiseta de fútbol". 

Un xeito de vestir que triunfa especialmente entre a Xeración Z:

"Eu teño catro ou así. Algunha por moda, por estética para combinar, pero normalmente é para ver o fútbol".

"Póñoas para ver o fútbol, pero para a rú só esta que levo posta".

"Eu teño un montón porque son do meu irmán. Sonme mo cómodas e úsoas moitísimo".

"Pode chegar a mellorar moito a túa vestimenta dependendo das cores, do equipo ou da historia da camiseta".

"Demándana máis por argumentos estéticos porque, por exemplo, lles gusta máis a combinación de cores", di María Fernández.

"Cando vas animar ao teu equipo e a pós como unha prenda é porque tamén sentes que te favorece, xa sexa porque che gustan as cores; é un pouquiño de todo", engade Eduardo Calvario.    

Unha prenda que diversifica funcionalidades sen perder a súa identidade.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade