Cargando resultados...
O incendio dun bus obriga a desaloxar a estación sevillana da praza de Armas
O vehículo quedou calcinado pero non se rexistraron danos persoais
O autobús queimado na praza de Armas. EFE/David Arjona
G24.gal
24/10/2026 18:55
Última actualización 24/10/2026 19:57
A estación de autobuses de praza de Armas de Sevilla, unha das máis importantes da capital andaluza, permeneceu pechada durante varias horas tras arder no seu interior un autobús da empresa Alsa.
O incendio comezou sobre as 14:00 horas na parte traseira do autocar, que quedou totalmente calcinado. O lume obrigou a desaloxar a terminal pero, segundo fontes policiais, non se rexistraron danos persoais.
Mentres os bombeiros sufocaban o lume, a estación prestou algúns servizos dende as marquesiñas da contorna de Torre Sevilla. As lapas provocaron unha intensa fumareda visible dende varios puntos da cidade.