Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un incendio calcina unha casa en Cervantes e os seus habitantes son evacuados

Un incendio calcina unha casa en Cervantes e os seus habitantes son evacuados

Os tres membros da familia que vivían na vivenda foron evacuados sen danos persoais

O lume calcinou a cuberta e boa parte da vivenda

G24.gal 23/10/2026 07:48 Última actualización 23/10/2026 09:51

Un incendio calcinou por completo unha casa en San Miguel de Vilarello, en Cervantes. Os tres membros da familia que vivían na vivenda, un matrimonio ancián e un do seus fillos, foron evacuados sen danos persoais. O lume calcinou a cuberta e boa parte da vivenda.

O alcalde de Cervantes, BenignoGómez, que é veciño da mesma parroquia, desprazouse ata o lugar para comprobar os danos e falar coa familia que se realoxou noutra casa máis vella ao carón da queimada. Todo apunta a que o lume se orixinou ao prender a cheminea e se propagou polo material illante do faiado.

No dispositivo participaron os bombeiros, os axentes forestais, a Garda Civil, Protección Civil e mesmo os veciños colaboraron na extinción do lume. Un retén de bombeiros quedou na zona para arrefriar os restos e evitar que as lapas se reavivasen.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade