Besteiro rescata a "vella" proposta do banco público para baixar o prezo do alugueiro
O líder socialista visitou este venres o barrio vigués de Navia en compañía do alcalde, Abel Caballero
Néstor Rego, confía en recuperar os dous escanos e apela aos descontentos con Sumar
Os socialistas rescataron no barrio vigués de Navia o seu proxecto de crear un bando público de alugueiro. A iniciativa que puxeran sobre a mesa a finais de 2024, volve agora ao primeiro plano coma unha fórmula urxente para frear a escalada de prezos.
Socialistas e nacionalistas responsabilizan a Xunta dos problemas da vivenda en Galicia. No BNG, farán oficial este sábado as candidaturas ao Congreso e ao Senado.
Néstor Rego recoñece que o balance da lexislatura ten luces pero tamén sombras e chama a porta dos votantes de esquerda descontentos con Sumar. Para Rego, quedar na casa sería facerlle un favor a dereita. No BNG confían en que sumando e sumando poidan recuperar os dous escanos que obtiveran en 2011.