Publicador de contidos

Publicador de contidos

A posición dos partidos galegos logo do vandalismo na Coruña irrompe na precampaña

A posición dos partidos galegos logo do vandalismo na Coruña irrompe na precampaña

G24.gal 23/10/2026 08:20

Os disturbios da Coruña están centrando o debate político en Galicia. 

A líder do BNG Ana Pontón di que a súa formación rexeita calquera tipo de violencia. E pregúntase quen estivo realmente detrás dos altercados. Horas antes, o seu compañeiro de filas, o deputado Néstor Rego, defendía as protestas contra o acto de Vox.

Os socialistas galegos defenden a liberdade de expresión, pero non comparten os actos violentos.

No PP lémbranlles que as protestas estaban convocadas pola súa organización xuvenil Galiza Nova. Din que a violencia invalida calquera protesta.

O presidente da Xunta Alfonso Rueda asegura que Galicia non quere violencia nin extremismos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade