Dúas persoas evacuadas tras inhalaren fume nun incendio nun piso en Vigo
A dotación de bombeiros indicou que o lume fora xa case sufocado polos particulares da casa
Imaxe de arquivo
Dúas persoas tiveron que ser trasladadas ao hospital tras inhalaren fume durante un incendio nun piso en Vigo.
O suceso tivo lugar nun piso da rúa Balaídos, sobre ás 14:00 horas deste sábado, cando unha tixola comezou a arder.
Aínda que o lume estaba case apagado, as persoas inhalaran algo de fume.
Ata o lugar achegáronse o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vigo e a Policía Nacional.
Tras a súa chegada, a dotación de bombeiros indicou que o lume fora xa practicamente sufocado polos particulares da casa, de forma que ardeu a extractora e víronse afectados os mobles máis próximos.
Ademais, foi preciso trasladar as dúas persoas ata o hospital de referencia logo de que inhalaran fume durante o incidente.