Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os primeiros titulados da Escola de Pastores xa manexan os seus propios rabaños

Os primeiros titulados da Escola de Pastores xa manexan os seus propios rabaños

Rebeca, unha rapaza asentada en Baños de Molgas, coida ela soa dun conxunto de cabras

G24.gal 25/10/2026 15:17

De nena, Rebeca sempre tivo o soño de ter cabras. Cando se asentou en Baños de Molgas, non dubidou en converter a fantasía en realidade. Así arrincou o seu rabaño, máis quería ir paso por paso e facelo ben.

"Decidín cumprir esa ilusión. Comecei por ter unhas poucas cabras e vinme na necesidade de precisar máis información". Explica Rebeca Trigo, alumna da primeira edición da Escola de Pastores de Galicia.

Atopou a Escola de Pastores de Galicia. Una iniciativa recente da Axencia Galega de Calidade Alimentaria e da Asociación de Criadores de Ovino e Caprino. O proxecto pretende ofrecer unha formación completa para o que busque dedicarse a este mundo.

"Son nove módulos, 250 horas de formación. O que pretendemos é transmitir unha verdadeira profundidade de coñecemento e de profesionalización de todo o que rodea esa actividade agrogandeira", comenta Martín Alemparte, director da Axencia Galega de Calidade Alimentaria.

Rebeca segue mirando para os seus animais coa mesma ilusión que cando comezou o curso e é máis consciente aínda da importancia da información que lle ofreceron. 

"A min o que máis me interesaba era información veterinaria, pero ensináronme moito máis. Sobre razas de cabras e ovellas, sobre silvopastoreo, sobre como coidar o medioambiente usando os nosos animais", relata Rebeca Trigo.

Aínda non sabe que pasará no futuro ou se poderá ampliar máis o rabaño, pero ten claro que atopou o seu sitio na campañía destes animais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade