Publicador de contidos

Publicador de contidos

O litoral da Costa da Morte activa o aviso amarelo para este xoves por temporal costeiro

O litoral da Costa da Morte activa o aviso amarelo para este xoves por temporal costeiro

Ademais, o oeste e suroeste da provincia da Coruña encararán este venres unha nova xornada con avisos amarelos activos por choiva, que poderá superar os 15 litros por metro cadrado nunha hora

EFE/Moncho Fuentes EFE/Moncho Fuentes
G24.gal 27/08/2026 11:17

O litoral da Costa da Morte estará a última hora da tarde deste xoves en aviso amarelo por temporal costeiro, segundo recolle MeteoGalicia.

O aviso comezará ás 21:00 horas deste xornada e estenderase ata as 3:00 horas do venres, debido a intervalos de vento do sur-suroeste entre Fisterra e as Sisargas.

Ademais, o oeste e suroeste da provincia da Coruña encararán este venres unha nova xornada con avisos amarelos activos por choiva, que poderán superar os 15 litros por metros cadrado nunha hora.

O venres empezará a recuperarse a influencia anticilónica sobre a comunidade galega, polo que se espera ceo nubrado e con choiva, que será máis activa no norte e durante a mañá. Así, as temperaturas sufrirán un pequeno ascenso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade