Publicador de contidos

Publicador de contidos

O temporal tropical no Mediterráneo volve activar as alertas en Barcelona

O temporal tropical no Mediterráneo volve activar as alertas en Barcelona

A chuvia torrencial causa novas incidencias e agrava as da fin de semana

Granollers, o concello máis afectado, rexistrou 346 litros por metro cadrado en tres días

 

G24.gal 05/10/2026 21:23 Última actualización 05/10/2026 21:33

Choveu con forza sobre varias comarcas de Barcelona cando pensaban que xa pasara o peor do temporal tropical. As rúas da capital convertéronse en ríos por terceiro día consecutivo e volveu soar a alarma do ES-Alert.  

Pero desta volta a alerta chegou tarde, a auga levou por diante varios coches en Granollers e agravou os efectos das inundacións da fin de semana.  

Desde o sábado caeron nesta localidade 350 litros por metro cadrado, arredor de 250 en Vilassár de Mar, Mataró ou no barrio barcelonés do Raval, toda a chuvia que adoita rexistrar a provincia nun ano.

Os danos nas infraestruturas son elevados e seguen condicionando a circulación en varias liñas de metro e nos servizos de proximidade do tren. O temporal deixa dous mortos e un desaparecido engulido pola forza da auga en Pineda de Mar.  Os meteorólogos cren que xa pasou o peor pero recoñecen que a evolución dunha borrasca tropical nestas latitudes é imprevisible.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade