Remolcado un pesqueiro que sufriu un problema no motor ao oeste das Illas Cíes
A Salvamar Pollux abordelou ao pesqueiro ata a localidade coruñesa de Ribeira
Salvamento tamén remolcou ata o porto de Vigo un tronco de 20 metros que foi localizado a 5 millas da Guarda
A embarcación Salvamar Pollux. Salvamento Marítimo
Os servizos de emerxencias remolcaron na madrugada deste luns ao pesqueiro 'Os Jaimes' ao oeste das Illas Cíes.
Segundo informou Salvamento Marítimo, a embarcación solicitou axuda debido a unha incidencia no motor. O Centro de Coordinación de Salvamento en Vigo mobilizou á Salvamar Pollux, que remolcou ao pesqueiro ata a localidade coruñesa de Ribeira.
El pesquero Los Jaimes solicitó remolque esta madrugada, debido a un problema en el motor, cuando estaban al oeste de Cíes. Salvamar Pollux, movilizada por CCS Vigo, lo remolcó a Ribeira. #Siempreconnuestrospesqueros https://t.co/SDcXDtMAZf
— SALVAMENTO MARÍTIMO (@salvamentogob) October 5, 2026
Doutra banda, os profesionais de Salvamento remolcaron un tronco duns 20 metros que foi localizado a cinco millas ao oeste do municipio pontevedrés da Guarda.
Neste caso, a Salvamar Mirach foi quen o localizou e remolcou ao porto de Vigo.