Publicador de contidos

Publicador de contidos

Planas insta a UE a acadar un novo acordo de pesca con Mauritania

Planas insta a UE a acadar un novo acordo de pesca con Mauritania

O Goberno español confíaba nun pacto de última hora, pero a frota galega e do resto da UE terá que abandonar o caladoiro e dirixirse ao porto de Nuadibú antes das doce da noite deste sábado

A situación aféctalle directamente a 12 barcos galegos, principalmente arrastreiros de fresco con presenza nos portos de Vigo e Marín. Algún deles xa leva parado desde este xoves

G24.gal 14/11/2026 22:16

O ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, lamentou este sábado a fin do acordo pesqueiro entre a Unión Europea e Mauritania e instou a Comisión Europea "a proseguir os contactos para acadar un novo protocolo canto antes".

Así o expresou Planas nunha publicación en X no día en que a frota española abandona as augas de Mauritania coa previsión de perdas económicas millonarias, ao expirar este domingo o acordo coa Unión Europea.

"De forma temporal, España conta con caladoiros alternativos", sinalou Planas.

Fontes do Ministerio engadiron a EFE que o Goberno español seguirá insistindo á Comisión para que continúe, aínda que sexa xa fóra de prazo, coas xestións e negociacións necesarias para acadar un novo acordo coa máxima celeridade.

Xunto coa presidencia irlandesa de quenda da UE, o Goberno español é o que estivo presionando máis para que a Comisión redobrase os esforzos negociadores, indicaron as fontes.

España avoga por intensificar as negociacións ao máis alto nivel, implicando a presidenta da Comisión, Ursula von der Leyen.

O obxectivo é evitar que os barcos que agora faenan baixo pavillón comunitario pasen a outras bandeiras, coa conseguinte perda de capacidade produtiva europea, explican as fontes ministeriais.

O desprazamento a bandeiras foráneas, ademais, tería un evidente efecto negativo na sostibilidade global da pesca mundial.

Tamén lembraron que hai un mes Planas e os seus homólogos de Portugal, Países Baixos e Letonia dirixiron unha carta ao comisario de Pesca e Océanos, Costas Kadis, para incidir na necesidade do acordo e en estar preparados para ofrecer alternativas.

Desde o Ministerio precisaron que unha trintena de buques españois se beneficiaban deste acordo, a maioría marisqueiros (18), seguidos polos atuneiros cerqueiros conxeladores (7), os buques arrastreiros non conxeladores e palangreiros de fondo (4).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade