Publicador de contidos

Publicador de contidos

Morre un home e un bebé cando tentaban entrar nun caiuco en El Hierro

Morre un home e un bebé cando tentaban entrar nun caiuco en El Hierro

Saíran de Gambia hai oito días nunha embarcación na que viaxaban outras 111 persoas

Antonio Sempere/Europa Press/Arquivo Antonio Sempere/Europa Press/Arquivo
G24.gal 30/10/2026 08:53

Un home e un bebé chegaron mortos esta madrugada ao porto da Restinga, no sur de El Hierro, tras unha travesía de oito días desde Gambia nun caiuco. Na embarcación viaxaban outras 111 persoas, segundo informan Salvamento Marítimo e os servizos de emerxencia da illa.

A operación púxose en marcha sobre as 22:55 horas deste xoves, cando Salvamento Marítimo recibiu dúas chamadas de socorro realizadas desde un caiuco que se dirixía a El Hierro.

Na embarcación viaxaban 113 persoas. Dúas faleceron durante a travesía: un home e unha nena pequena, evacuada polo helicóptero Helimer.

O caiuco foi localizado sobre as 01:00 h da madrugada a uns 68 quilómetros ao sur de La Restinga. Tres horas despois, o barco chegaba a porto cos superviventes, entre eles, oito mulleres e oito menores.

Todos recibiron asistencia no peirao por parte de persoal do Servizo Canario da Saúde e da Cruz Vermella.

Catro mil persoas chegaron ás illas Canarias nun só mes, segundo un reconto provisional difundido pola comunidade autónoma. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade