Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Audiencia Nacional dálle 15 días ao Goberno para desclasificar o material do CNI sobre Ceuta

A Audiencia Nacional dálle 15 días ao Goberno para desclasificar o material do CNI sobre Ceuta

A xuíza reclama "os informes realizados e difundidos a autoridades a partir do 30 de xullo de 2026 relativos á investigación da entrada masiva" e, en concreto, aqueles relativos "á actuación das autoridades de Marrocos"

No auto asegura que a "información interesada é indispensable para o esclarecemento dos feitos"

Praia do Trampolín en setembro. Europa Press-Arquivo. Praia do Trampolín en setembro. Europa Press-Arquivo.
G24.gal 27/10/2026 15:04

A xuíza da Audiencia Nacional solicitou este martes ao Consello de Ministros a desclasificación dos informes elaborados polo Centro Nacional de Intelixencia (CNI) en relación á entrada masiva de migrantes ocorrida en Ceuta os días 30 e 31 de xullo e que o faga en quince días.

No auto, Tardón reclama que se desclasifiquen "todas as notas e informes realizados polo CNI e difundidos a autoridades a partir do 30 de xullo de 2026 relativos ás investigacións sobre os feitos acaecidos os días 30 e 31 de xullo de 2026", e, en concreto, aqueles relativos "á actuación das autoridades de Marrocos ata o día da data".

A xuíza tamén quere que se faga público a "listaxe concreta de autoridades que recibiron as notas xa desclasificadas do 27 e o 30 de xullo", así como calquera outra que se remitise con posterioridade.

A desclasificación destes documentos debe levarse a cabo "con carácter urxente, e, en todo caso, no prazo de quince días naturais" desde a recepción da solicitude, segundo figura no auto ditado por Tardón.

"A información interesada é indispensable para o esclarecemento dos feitos. Permitirá determinar que autoridades coñecían, e desde que momento, a convocatoria de entrada masiva prevista para o 30 de xullo de 2026. Permitirá tamén saber que decisións se adoptaron ou deixaron de adoptarse á vista desa información e cal foi a actuación das autoridades do Reino de Marrocos", indica Tardón.

Lembra a xuíz que o Consello de Ministros xa desclasificou o 8 de setembro de 2026 información relativa a estes feitos, o que incluía "notas e comunicacións do CNI". Por iso, a xuíz razoa que a información solicitada "resulta plenamente compatible coas esixencias da seguridade e a defensa do Estado", e non afecta a seguridade do Estado, que "xa se viu vulnerada precisamente no marco dos feitos obxecto do procedemento".

No auto, Tardón tamén solicita ao Consello de Ministros que autorice con carácter de urxencia aos funcionarios do Centro Nacional de Investigación (CNI) para que presten declaración sobre estes feitos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade