Aparece o corpo do condutor do camión que caera ao mar en Vilagarcía
O condutor estaba a coller unha curva na zona cando o home caeu ao mar co vehículo
O camión quedou a 14 metros de profundidade
Imaxe cedida
O condutor dun camión tipo Mafi, utilizado para elevar cargas nos portos, caeu ao mar no peirao de Vilagarcía.
O servizo 112 recibiu o aviso ás 12:46 horas deste domingo. Ao lugar trasladáronse distintos efectivos para proceder ao rescate.
Desde Salvamento Marítimo, precisaron que mobilizaron distintos equipos, entre eles a Salvamar Pollux, así como un barco de Gardacostas.
Tamén mergulladores do GEAS da Garda Civil participan no dispositivo para tratar de localizar o operario. Isto, xunto con outros medios desprazados á zona. Ao parecer, o condutor estaba a coller unha curva na zona cando caeu ao mar co vehículo.
Un guindastre está a intentar mover o camión que quedou a 14 metros de profundidade nunha zona de lodo e coas rodas cara a superficie .
O condutor do camión, duns 60 anos e veciño da zona, é traballador dunha empresa externa que fai servios para o porto.