Cargando resultados...
Buscan un home de 81 anos que falta da casa en Ourense desde o xoves
Saíu camiñar pola mañá e non regresou
Os fillos presentaron denuncia ante a Policía Nacional
G24.gal
20/11/2026 14:17
José Vázquez Lorenzo ten 81 anos e é de estatura baixa; falta da casa desde o xoves á mañá. No momento da desaparición cren que vestía unha chaqueta marrón e un pantalón vaqueiro. Saíu sen identificación e sen teléfono.
Pepe sae camiñar a diario por esta rúa, da zona do 21 en Ourense pero desde que lle enfermou a muller os seus paseos son máís curtos. Ela morreu hai só uns días.
Os fillos presentaron denuncia ante a Policía Nacional que o busca pola contorna da casa onde vive desde hai máis de corenta anos.
Tamén o buscan en Vilar de Monte en Chantada, onde naceu e ten unha casa.