Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os ladróns volven actuar no porto de Santa Mariña de Camariñas

Os ladróns volven actuar no porto de Santa Mariña de Camariñas

Os cacos levaron 220 caixas para transportar peixe e unha vintena de nasas por valor de 1.300 euros

G24.gal 20/11/2026 14:29 Última actualización 20/11/2026 14:51

O último roubo no porto camariñán de Santa Mariña volve poñer de manifesto a vulnerabilidade destas instalacións e o prexuízo que as subtraccións lles ocasionan aos que viven do mar.

"Aquí téñeno doado porque non hai luz nin vixilancia".

Os prexudicados son catro dos doce mariñeiros que traballan neste porto. En total leváronlles 220 caixas nas que transportan o peixe e unha vintena de nasas.

"Tíñanas aí fóra e leváronas. Unha caixa custará uns dous euros. E as nasas 25, 30 ou 40 euros".

Lamentan non só valor do subtraído, uns 1.300 euros, senón tamén o momento no que chega este roubo, xa que se aproxima a campaña do Nadal.

"Porque agora hai que repoñer ese material, xusto agora que comezou a campaña de centola".

Piden que se tome algún tipo de medida porque, segundo aseguran, non é a primeira vez que son vítimas dos delincuentes.

"Que veña a Garda Civil de vez en cando a botar un ollo". "A min xa me roubaran nasas e os axentes atopáronas en Muros".

A Garda Civil xa investiga os feitos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade