Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os drons participan na busca dun octoxenario desaparecido en Moaña

Os drons participan na busca dun octoxenario desaparecido en Moaña

A Garda Civil continuará incorporando máis medios especializados co fin de dar co paradoiro do señor

Imaxe cedida Imaxe cedida
G24.gal 15/11/2026 10:12

O GALI incorporou o equipo de drons para tratar de localizar un home de 86 anos desaparecido na tarde do sábado.

Con domicilio na Xeira, en Moaña, José Costa Gallego, que acostumaba dar un paseo despois de xantar, non volveu á casa. 

A súa familia saíu na súa procura polos lugares que adoita frecuentar sen éxito. Así, informaron á Garda Civil para iniciar un proceso de busca que se prolongou durante esta madrugada, e na que participou o Grupo de Apoio Loxístico da AXEGA mediante a incorporación de drons.

Sen embargo, e tras varias horas de rastrexos, o GALI retirouse con resultado negativo. 

Igualmente, a busca mantense activa coa participación doutros equipos como a Policía Local de Moaña e os voluntarios de Protección Civil.

Pola súa parte, a Garda Civil continuará incorporando máis medios especializados co fin de dar co paradoiro do señor.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade