Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aparece en Portugal o home desaparecido en Monterroso

Aparece en Portugal o home desaparecido en Monterroso

Chamou a irmá por teléfono desde un hotel de Lisboa

O home continuará na capital lusa ata mañá, cando a familia irá buscalo

G24.gal 03/11/2026 14:22

Despois de 48 horas sen saber que fora de seu irmán, Odila recibía hoxe unha chamada del, eran arredor das dez e media da mañá.

"Chamou Pablo e dixo: 'Estou en Portugal'. -Todos buscándote e estás de vacacións, estás ben?", di 

A muller conta que Pablo pasou esta noite no hotel Cascais de Lisboa.

"Púxose a muller do hotel, díxenlle que quede un día máis, mañá imos buscalo".

Pablo Domingo Hermida Sa deixara a irmá na Feira de Santos en Monterroso mentres, supostamente, el ía aparcar o coche. Tras horas agardando o seu regreso, a familia presentou denuncia en Palas de Rei convencida de que fora vítima dun secuestro.

"Foi estacionar e non atopou onde dar volta, non me ía deixar a min alí esperando", explica a irmá.

"El non deixaba a irmá alí agardando en Monterroso, a policía dirá", di unha veciña.

Case 600 quilómetros separan a capital lusa da localidade lucense de Monterroso, onde fora visto a última vez o home de 80 anos. Os achegados descoñecen como fixo esta viaxe e se foi ou non acompañado.

"Non sabemos nada, ata que falemos con el e a policía dirá, o importante é que apareceu e está ben", conta unha veciña.

"Iso xa non che sei" "Agora a ver que conta el", di a irmá.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade