Publicador de contidos

Publicador de contidos

Atraccións históricas do San Froilán deleitan a varias xeracións

Atraccións históricas do San Froilán deleitan a varias xeracións

Algunhas barracas mantéñense intactas como os cabaliños, que invitan facer unha viaxe no tempo

As casetas do tiro ou as tómbolas manteñen a esencia, pero foron evolucionando 

 

G24.gal 05/10/2026 20:36

As atraccións de feira son un dos grandes reclamos das festas do San Froilán. Hai barracas innovadoras e extremas e outras máis tradicionais e clásicas, polas que non pasa o tempo. Son auténticas máquinas do tempo, clásicos coma os Cabaliños San Luis.

No carrusel soben avós os seus netos, en cabalos en que foron eles de nenos

Emilio Ventura é terceira xeración deste carrusel do ano 1952. Explica que xa viña seu avó e el de toda a vida porque recorda vir xa de neno. Son tamén agora as avoas e os avós, os que volven montar para acompañar as netas e netos. Dous amigos de conversa recordaban precisamente esas primeiras voltas e o paso de varias xeracións "eu subín aos cabaliños, logo cos fillos e agora cos netos", nunha especie de tradición.

Os primeiros recordos do San Froilán pasan por subir neste tipo de barracas. Ademais dos carruseis, están tamén clásicos coma o Tren da bruxa ou scalextric, mesmo a nora. 

"Antigamente regalaban un caldeiro e xa era un mundo polas necesidade daquela época", recordan na tómbola El Cubo

Clásicos do San Froilán como tamén o son tómbolas como El Cubo, que comezou a súa actividade dentro de muralla. Os pais de Miro Fernández eran os encargados de montala na praza de San Domingos e hoxe continúa el animando e repartindo sorte na avenida Rodríguez Mourelo.

Tantos anos participando no San Froilán permiten tamén comprobar a evolución da sociedade a través dos premios, porque esta tómbola foi pioneira regalando cociñas e torres de potas. Os premios hoxe están máis relacionados co lecer dixital, como máquinas de videoxogos ou patinetes eléctricos. 

No San Froilán sempre houbo postos de destreza, pero tamén foron evolucionando. 

Sara Nantes, da caseta de tiro Manu, explica que antes usaban escopeta cos perdigóns metálicos, "agora pasámolo a pistola e perdigón plástico". 

O que non varía é a ilusión de probar sorte ou atreverse a montar nas atraccións máis extremas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade