A tolemia das axendas Hobonichi chega a Galicia
Cando aínda quedan tres meses para o 2027 hai un tipo de axendas que xa esgotou a primeira remesa
Chámanse Hobonichi e están tan de moda que contan con lista de espera para facerse con ela
En España, só se venden en tres tendas físicas, unha delas está en Galicia
Chegadas dende O Xapón, as axendas Hobonichi causan furor tamén en España. Ana Sevilla, propietaria da papelería Panda Bohème, explica por qué son tan buscadas:
"Son os que fixeron o papel Tomoe River, que se caracteriza por ter 52 gramos por metro cadrado, moi finiño pero moi resistente a tintas e moi duradeiro. Tamén teñen colaboracións con artistas e edicións limitadas".
Tanto é o éxito, que o día do lanzamento tiveron que pechar a tenda física.
"Cando chegaron as compañeiras á tenda atopáronse con centos de pedidos que xestionar da tenda online e tivemos que pechar a atenda física para poñelo en orde", explica Sevilla.
Panda Bohème, en Vigo, é unha das tres tendas físicas en España que venden estas axendas. As outras dúas están en Madrid e Barcelona.
"Temos unha tenda bastante grande, máis de 250 metros cadrados en Vigo, e un perfil en Instagram con máis de 45.000 seguidores e non nos puxeron problemas. Solicitámolo e dixéronnos que si", relata a propietaria.
Os prezos das axendas básicas comezan nos 35 euros, pero non hai límite á hora de gastar en complementos, con detalla a responsable de Panda Bohème:
"Por exemplo, pode levar unha funda de tea e por riba outra funda de plástico. Podese usar soa, pero así queda mellor. Tamén fan pegatinas, sacaron plumas, tintas..."
Para a reposición que farán este mes xa teñen máis dun cento de pedidos agardando.