Publicador de contidos

Publicador de contidos

Volve o San Froilán, a feira que tamén se fixo festa

Volve o San Froilán, a feira que tamén se fixo festa

No 2054 a celebración fará tres séculos dende que se empezou a celebrar

G24.gal 04/10/2026 13:19

As feiras do San Froilán comezaron a celebrarse no século XVIII en Lugo, no 1754, convertendo a cidade nun centro agrícola e gandeiro para o intercambio comercial entre compradores e tratantes. 

Co paso dos anos a feira fíxose un referente e coa chegada da industrialización e do ferrocarril a parte festiva da feira foi medrando, e foron chegado máis comerciantes e tamén as anguías e o polbo asentáronse como a comida típica dos feirantes.

Deste xeito as feiras na honrra do patrón, o santo que naceu en Lugo no 832 e que segundo a lenda conseguiu amansar a un lobo, pasaron a ser tamén festas, as festas que pechan o verán galego con dous días esenciais no calendario, o 5 de outubro, que é o propio día do patrón, e o Domingo das Mozas, día no que se enxalza o traxe tradicional e o floklore galego.

Gastronomía, barracas, música e feirantes son os clásicos dunha festa que dende o 2006 foi declarada de Interese Turísitico Nacional e que cada ano consegue traer á cidade milleiros de persoas para a última gran celebración do outono galego.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade