Publicador de contidos

Publicador de contidos

As barracas e as casetas do polbo preparan o ambiente para o San Froilán

As barracas e as casetas do polbo preparan o ambiente para o San Froilán

As festas comezan o día 4, a véspera do día patrón, pero o recinto feiral xa abriu esta fin de semana

G24.gal 27/09/2026 20:58 Última actualización 27/09/2026 21:23

En Lugo xa se fai notar o San Froilán. Os carruseis tomaron as rúas da contorna do parque Rosalía de Castro, que serve de recinto feiral durante os festexos.

As barracas xa abriron esta fin de semana, adiantándose sobre o programa festivo que oficialmente comeza o 4 de outubro, a véspera do día do patrón.

Hai moito onde elixir, onde desafiar a sorte e gozar das emocións. As casetas son unha atracción máis dunhas festas que se viven na rúa e que inclúen case 350 actividades, ademais de citas musicais, culturais e gastronómicas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade