Marín celebra o san Miguel coa súa tradicional danza das espadas
Os bailaríns e bailarinas van en procesión deténdose en varias prazas da vila
Bailarinas e bailaríns de todas as idades celebraron un ano máis o seu patrón san Miguel polas rúas de Marín.
"Non sei en que ano empezou. Eu levo 12 anos pero é unha tradición superbonita que vai de xeración en xeración como se pode ver".
"Imos de branco porque cando viñan os mariñeiros do mar bailábase. Son as danzas brancas, que lles chaman", explican dous bailaríns.
Son varios grupos que van en procesión, bailando por diferentes prazas da vila. A danza require unha compenetración para a que hai que ensaiar.
"Máis que nada, saber para onde tes que saír, onde tes que baixar, cando tes que manter arriba e así. Ao final, é o mesmo baile para todos os anos", refire unha das bailarinas.
"É moi bonita e ten moita historia tamén, está moi ben".
"É algo que tes moi arraigado polos fillos que bailaban, agora non porque están no estranxeiro. Daquela emociónaste ao miralo ano tras ano e recórdache os fillos claro", contan dúas mulleres do público.