XIII festa de conmemoración da batalla de Rande en Redondela
Unha vintena de actores afeccionados e profesionais participan nas dramatizacións
A batalla aconteceu no marco da Guerra de Sucesión Española a principios do século XVIII e supuxo o afundimento da Flota de Indias
A ría de Vigo retrocede ata principios do século XVIII para conmemorar a Batalla de Rande.
"Para nós é o evento máis importante do ano, que máis público congrega. É coñecido pero non se sabe que pasou porque hai moita lenda e tratamos de que os nenos vaian coñecendo isto e que se vaian incorporando a actuar con nós", explica Alejandro Comesaña, presidente da asociación deportiva e cultural de Rande.
No combate naval, a flota franco-española saíu derrotada fronte a outra inglesa e holandesa, co resutado da perda da Flota de Indias.
Na recreación, participan embarcacións tradicionais e máis de vinte actores na dramatización doutros episodios.
"A maioría son veciños e veciñas de Rande, da asociación e xente da contorna á que lle gustan as recreacións. E con eles, catro actores profesionais", conta Mónica Sueiro, actriz e directora das escenas da batalla.
A lenda do tesouro de Rande inspirou a Verne un dos episodios de 20.000 leguas de viaxe submarino.
Para a tarde deste sábado, o programa da festa inclúe máis recreacións, concertos e pola noite un espectáculo pirotécnico no peirao .