Que facer esta fin de semana en Galicia?
Setembro arrinca con grandes citas culturais, música, tradición e gastronomía por toda Galicia
Pontevedra, Narón e A Coruña son algúns dos principais focos
A primeira fin de semana de setembro chega cunha axenda especialmente completa. A chegada do novo mes trae consigo algunhas das cital máis singulares do calendario galego: rúas transformadas para viaxar ao século XV, arte urbana, grandes festivais musicais e festas gastronómicas que manteñen vivas as tradicións de todo o país.
A historia toma as rúas de Pontevedra
Feira Franca (4 e 5 de setembro, Pontevedra): Pontevedra volverá viaxar ao século XV coa Feira Franca, unha das grandes citas do calendario festivo galego. Durante dous días, a cidade converterase nun escenario medieval con ambienación, gastronomía e actividades que lembran a época.
Ferrol énchese de arte e cultura
Meninas de Canido (4 ao 6 de setembro, Ferrol): o barrio de Canido volverá coverterse nun gran museo ao aire libre coa celebración das Meninas de Canido. Preto dunha trintena de artistas incorporarán novas obras ás máis de 500 intervencións que xa decoran as súas rúas. A programación inclúe tamén concertos, mercado creativo, foodtrucks e actividades deportivas.
Entre as actuacións musicais están previstas: Rubia & The Bandits e Futuro Alcalde, o venres, e Los Alféizar, o sábado.
Música para todos os gustos
Recorda Fest (4 e 5 setembro, A Coruña): o peirao de Batería será escenario dunha nova edición do Recorda Fest, con dúas xornadas e máis dunha ducia de actuacións. O venres pasarán polo escenario Cali y el Dandee, Juan Magán, La M.O.D.A., Sidecars e Mafalda Cardenal. O sábado será a quenda de Hombres G, Marlon, Taburete, ÁLvaro de Luna e Galician Army, entre outros.
Flores Rock (4 ao 6 de setembro, A Coruña): O Barrio das Flores acollerá unha nova eidicón do Flores Rock, con entrada gratuítas e unha programación centrada no rock. O festival cumpre dez anos e reunirá máis de 20 grupos, entre eles Dakidarría, Mar de Fondo, The Lizards e Agelus Apatrida.
Osa do Mar (3 ao 6 de setembro, Burela): a Mariña lucense tamén terá a súa gran cita musical co Osa do Mar, que mestura diferentes estilos especialemente o indie. Festival arrinca o xoves e durante a fin de semana pasarán polos seus escenarios astistas como Depedro, The Rapants, Ortiga, Fillas de Casandra.
Festas e tradición
Santa Icía (4 ao 7 de setembro, Narón): A parroquia de Santa Icía celebra as súas festas patronais con verbenas, actos relixiosos e música. A programación arrinca o venres cunha verbena a cargo do grupo Pasión e La Banda de Ayer.
Festa das Peras (4 ao 11 de setembro, Pontedeume): Pontedeume arrinca as súas festas patronais, unha celebración que combina tradición, actos relixiosos, música e actividades para diferentes públicos.
Virxe do Socorro e Festa da Empanada (3 ao 8 de setembro, Carral): Carral celebra as festas da Virxe do Socorro, que arincan coa LI Festa da Empanada, unha das grandes citas gastronómicas da comarca, con mási de 10.000 ración servidas.
O sabor de Galicia
Festa do Pan (6 de setembro, Neda): o paseo marítimo de Neda acollerá a sçua tradicional Festa do Pan, declarada de Interese Turístco de Galicia. Haberá postos das panadarías, mercado de artasanía, concurso de emepnadas, xantar popular, música e un obradoiro de elaboració de pan para os máis pequenos.
Festa do Pan de Cea (4 ao 6 de Setembro, San Cristovo de Cea): o pan con Indicación Xeográfica Protexida será protagonista en Cea durante tres día de celebración, con degustacións e actividades arredor dun dos produtos máis recoñecidos da gastronomía ourensá.