Publicador de contidos

Publicador de contidos

A praza de abastos de Tui entra na Rede de Mercados Excelentes de Galicia

A praza de abastos de Tui entra na Rede de Mercados Excelentes de Galicia

Son sete, en total, todos nas provincias de Pontevedra e A Coruña

Destacan pola calidade do produto e a facilidade para saber que estás comprando nunhas instalacións modernizadas que conservan o trato familiar

Este selo de calidade loce xa en sete mercados galegos
G24.gal 03/09/2026 21:13 Última actualización 03/09/2026 21:33

Entramos nun Mercado Excelente, como este de Ribeira, onde o esencial é a calidade do produto. A bandeira principal é a frescura a xuízo de praceiros e clientela.

Os Mercados Excelentes fomentan a gastronomía e a cociña cos produtos de proximidade como nos confirman uns e outros. O peixe é da ría e a horta galega o que dá confianza ao consumidor.

Cuns praceiros formados para competir coas últimas tecnoloxías, un mercado excelente agocha a marabilla do trato familiar praceiro-cliente dos de toda a vida. A presidenta do mercado de abastos de Ribeira, ​​​Juana Gómez, di que a xente nova parece que comeza a entrar no mercado grazas á incorporación dos praceiros ás redes sociais

Moito Instagram e Facebook, moita foto. Se eles non entran, hai que ensinarlles o que temos.

Todo nunhas instalacións modernizadas e con trazabilidade asegurada coméntanos Juana.

O peixe pon de que barco vén, zona, data e demais e a carne tamén, en que gandería se comprou.

O Concelleiro de Mercados de Ribeira, Ventura Mariño, e máis Juanjo Mayán, comentan as melloras para lograr o selo de calidade.

Melloramos accesibilidade, climatización, iluminación interior e perimetral, ademáis da formación dos praceiros á que acudiron todas e todos.

​Mandáronos etiquetar os prezos, os uniformes todos iguais.

A Rede de Mercados Excelentes intégrana polo de agora, os de Vilagarcía, Ponteareas, Tomiño e Tui en Pontevedra canda Pontedeume, Carballo e este de Ribeira na Coruña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade