Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os mercados xa están en pleno outono

Os mercados xa están en pleno outono

Chegan os peixes de forno, os cocidos, as nabizas, os cítricos e as castañas

Os vendedores din que o cambio non se produce dun día para outro, pero a oferta xa comeza a transformarse

G24.gal 08/10/2026 13:58

O outono comeza a coarse nos mercados.

"Agora veñen buscar a lura, que estaba moi escasa, a choupiña para o guiso". "A novidade é que comezará a vieira e pouco despois a centola".

E coa chegada de outubro, chegan tamén os cocidos.

"Desde finais de setembro a xente xa comezou a levar para o cocido. O salgado e a faldra de tenreira para facer ao caldeiro é o que máis tira agora mesmo: o cocido".  

Pero tamén hai unha ampla variedade de verduras e froitas. Dese xeito, os consumidores recuperan os sabores outonais.

"Apetece comer un caldo". "Cocido, castañas".

Malia que hai quen aínda se resiste a abandonar as froitas e verduras do verán.

"Botan de menos a froita do verán. Din que o outono e o inverno son unha tristura".

Con todo, os vendedores din que o cambio non se produce dun día para outro, pero a oferta xa comeza a transformarse.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade