Galicia recibe o outono na praia con temperaturas propias do verán
O tempo seco e soleado continurá ainda uns días
A chuvia chegará de forma xeneralizada a todo o país a próxima semana
Chega a temporada das castañas pero seguimos na praia: Galicia recibe o outono con temperaturas que superan os trinta graos en cidades como Santiago, Pontevedra e Ourense.
"Imos empezar o outono, practicamente como rematamos o verán. Con tempo anticiclónico, seco. As temperaturas irán baixando de forma progresiva. Ainda hoxe teremos temeparaturas altas na metade sur onde superaremos os 35,practicamente todo o inteiror roldando os 30", di Yoel Cid, de Meteogalicia.
Ás dúas e cinco da mañá, o equinoccio de outono, determinaba a entrada oficial na nova estación pero a poboación mantén os hábitos do verán, mesmo cando senta á mesa.
A partir de mañá as temperaturas comezan a suavizar especialmente no litoral debido ás brétemas.
De momento o paraugas só torna o sol pero a chuvia chega nuns días.
"Previsiblemente a semana próxima termos varias frontes deixarán chuvia xeneralizada en toda Galicia", explica Cid.
Nos 89 días que restan de outono. irémonos adaptando a noites máis longas e menos horas de luz.