Publicador de contidos

Publicador de contidos

Lugo rebaixa impostos para atraer empresas e emprego

Lugo rebaixa impostos para atraer empresas e emprego

Os empresarios poderán beneficiarse de bonificacións de ata o 80 por cento en tributos municipais 

Poderán acollerse á medida novas empresas, pero tamén aquelas que amplíen cadro de persoal

Os empresarios ven un paso na boa dirección, pero reclaman acompañalo con menos burocracia 

As rebaixas fiscais en Lugo irán aumentando progresivamnte conforme aumenten os postos de traballo
G24.gal 08/10/2026 14:02

Lugo rebaixa impostos para atraer empresas e impulsar a creación de emprego. A proposta pasar por rebaixar 3 impostos municipais, o IBI, o IAE e o imposto de construcións. A clave está no emprego. Cantos máis postos de traballo indefinidos cree a empresa, maior será a bonificación. 

Entre 1 e 10 empregos, o desconto será do 50 por cento; entre 11 e 20, ascenderá ao 75 por cento e por riba dos 21, chegará ao 80 por cento. 

Entre os requisitos, o emprego deberá ser indefinido e a tempo completo e as persoas contratadas deben ser desempregados inscritos como demandantes de emprego. 

Os empresarios consideran que se trata dun primeiro paso na boa dirección, pero piden completalo con menos burocracia e máis e mellores infraestruturas. 

O Concello busca atraer investimentos e situar a Lugo como referente na creación de emprego. Estas novas bonificacións entrarán en vigor a comezos de 2027.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade